Google Maps Navigation funciona de xeito non oficial en móbiles con Android españois

martes, 1 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Inicialmente o Google Maps Navigation, o navegador GPS de balde baseado en mapas de Google, saíu en probas nos EE.UU. para terminais con Android 2.0, pero en poucas semanas xa lanzaron unha versión para Android 1.6, polo que a cantidade de dispositivos nos que podería funcionar incrementouse considerablemente, aínda que mantén as limitacións xeográficas, o que conseguiron superar con certos trucos, de xeito que na Internet podemos atopar instrucións para a instalación do navegador software nos móbiles españois con Android, que presenta menús en español e incluso indicacións de voz en español, o que é toda unha sorpresa, aínda que ao estar ante un produto en probas hai que advertir de que non é estable, e cólgase con certa frecuencia.

PUBLICIDADE