Google Maps agora achega os prezos do carburante
martes, 19 de xaneiro do 2021
A ferramenta de Mapas de Google non só pode axudarnos a localizar
estacións de servizo nas que repoñer carburante, senón que agora tamén facilita
a elección da máis económica, xa que presenta directamente no mapa os prezos do
carburante (gasolina sen chumbo de 95 octanos, gasolina sen chumbo de 98
octanos e gasóleo).
Esta funcionalidade de Google Maps permite que poidamos listar as distintas
estacións de servizo e acceder ao detalle de cada unha, sendo neste último
apartado no que podemos ver os prezos dos tres tipos de carburante (en vistas
máis afastadas preséntase de xeito predeterminado o prezo da gasolina de 95).
Lembremos que os prezos do carburante son públicos, pero tal información non está
actualizada en tempo real, polo que pode haber variacións de algúns céntimos,
aÃnda que o que parece inevitable é que a nova opción de Google Maps teña un
grande impacto en certas aplicacións que como principal función tiñan a localización
das gasolineiras máis baratas, e que parecen abocadas á súa desaparición ou
reformulación ante as dificultades de competir con Google.