Google Maps incorpora imaxes aéreas a 45º

luns, 12 de xullo do 2010 Marcus Fernández

En Google Maps podemos ver lugares coma Venecia tomadas cun ángulo de 45º

A revolución iniciada por Google na democratización dos mapas de todo o mundo continúa a avanzar, e tras a incorporación de imaxes de satélite levando á web unha imaxinería propia de aplicacións coma Google Earth, achega agora unha nova capa gráfica que amosa imaxes aéreas tomadas cun ángulo de 45 graos, que permiten facernos unha idea máis realista das zonas que visitamos virtualmente, e que inicialmente está limitado a un número reducido de cidades, coma Venecia, San Diego, Portland, San Diego, Dortmund e varias cidades sudafricanas.
As imaxes aéreas poden verse dende 4 puntos de vista diferentes (coincidentes cos 4 puntos cardinais) e achegan unha definición moi superior a fotografías tomadas por satélite, resultando ideais para explorar un lugar antes de visitalo fisicamente.
Dende Google agardan ampliar a cobertura desta nova capa gráfica durante os vindeiros meses.

PUBLICIDADE