Google Maps permite buscar vídeos, fotografías e libros

luns, 17 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Exemplo de integración de Panoramio en Google Maps

O servizo de mapas de Google poténciase integrando resultados de vídeos de YouTube, fotografías etiquetadas mediante o servizo Panoramio e libros. Deste xeito, ó buscar sobre certos temas en Google Maps non atoparemos só resultados xeográficos, senón que tamén se marcarán posicións nas que podemos picar para que se abra unha burbulla na que se pode consultar información sobre vídeos, fotografías e libros.
Se buscamos libros de Nadal en Xerusalén, vídeos de salto base en Río de Xaneiro ou imaxes do Big Ben londiniense, en Google Maps podemos probar estas novas incorporacións ó servizo.

PUBLICIDADE