Google Play poderá actualizar aplicacións distribuídas como APK

luns, 25 de xuño do 2018 Marcus Fernández

Dende Google Play están a mellorar a seguridade das aplicacións móbiles para Android, de xeito que agora están a comezar a incorporar tecnoloxía de protección de dereitos (DRM) para permitir a verificación de que os ficheiros APK foron distribuídos por Google Play. Isto permitiría a distribución de aplicacións fóra de liña (por exemplo, compartidas entre usuarios) para evitar os custos das descargas a través de redes móbiles que padecen nalgúns países, e deste xeito, no futuro, aplicacións conseguidas a través de canles de distribución autorizadas, comportándose como se foxen aplicacións dentro da biblioteca persoal que teñamos en Google Play, permitindo incluso que cando teñamos conexión poidamos actualizar as aplicacións a través da tenda oficial.
Aínda que este tipo de medida de seguridade podería semellar unha simple protección anti-copia, na práctica temos unha tecnoloxía que facilitar aos desenvolvedores un método para distribuír aplicacións fóra de liña que gocen das vantaxes de Google Play, especialmente de cara á distribución de actualizacións.

PUBLICIDADE