Google Sites ábrese aos usuarios particulares
xoves, 22 de maio do 2008
O servizo Google Sites
estreado hai uns poucos meses como parte de Google Apps para empresas e
asociacións que permite crear de xeito doado páxinas web baixo dominios
personalizados ábrese
agora a calquera, de xeito que permite que teñamos a nosa páxina web
baixo un enderezo do estilo de http://sites.google.com/site/a-nosa-paxina-web,
e que será totalmente de balde.
Google Sites permite xuntar nunha única web moita da información dos servizos web
de Google, polo que serve para incrustar documentos, calendarios, fotografÃas
vÃdeos de gadgets (pequenas aplicacións web), podendo xestionarse este espazo a
través de ferramentas visuais moi doadas de utilizar.
Os administradores destas novas webs tamén poden dar permiso a outros usuarios
para engadir e editar contidos, polo que o seu potencial colaborativo tamén é
elevado.
Podemos coñecer máis sobre Google Sites a través do seguinte vÃdeo: