Google Street View estréase en España

luns, 27 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Polo momento só se pode consultar a vista a pé de rúa de 4 cidades españolas

Nos últimos meses por moitas cidades de España (incluíndo Santiago, Vigo ou A Coruña) se puideron ver coches circulando polas rúas cunha cámara situada nun mastro que rexistraba imaxes de 360º e que agora se comezan a incorporar a Google Maps no que se dá en chamar Street View ou vista a pé de rúa que permite polo momento explorar con esta tecnoloxía inmersiva as cidades de Madrid, Barcelona, Sevilla e Valencia, aínda que en breve se espallará a máis poboacións españolas.
A partir de agora podemos visitar virtualmente a Sagrada Familia ou o Nou Camp en Barcelona ou a Porta de Alcalá de Madrid sen afastarnos do ordenador, podendo tamén empregar esta plataforma como complemento de sistemas de localización xeográfica, pois resulta moito máis orientativa unha fotografía inmersiva feita a pé de rúa que un mapa ou unha fotografía aérea (especialmente á hora de localizar un monumento ou un establecemento comercial).

PUBLICIDADE