Google deixa de vender directamente o Nexus One

venres, 14 de maio do 2010 Marcus Fernández

Pese a que aínda non chegou oficialmente a España, o Nexus One leva varios meses á venda nos EE.UU. con pouca fortuna, o que levou a Google a corrixir a súa política de comercialización, de xeito que eliminan a súa imposición de vender o terminal exclusivamente a través da Internet, e incluso recomendan outros terminais baseados en Android coma o Droid Incredible comercializado por Verizon e o HTC Evo 4G que distribúe Sprint (ambos do mesmo fabricante que o Nexus One).
Dende Google confirman que a plataforma Android está a funcionar mellor de esperado, pero a súa tenda en liña de teléfonos foi un rotundo fracaso, en boa medida porque os consumidores gustan de ter nas súas máis un móbil antes de mercado, así como poder adquirilo con certa variedade de contratos.
O Nexus One xa está a desembarcar en Europa seguindo esta nova filosofía de venda, pero agora tamén vai aplicarse nos EE.UU., no que poderiamos considerar coma un renuncio de Google, que deixará de vender os seus móbiles directamente vía web.

PUBLICIDADE