Google e IAB formarán de balde sobre marketing dixital en Vigo

xoves, 22 de maio do 2014 Marcus Fernández

As actividades formativas de Google e IAB Spain que percorren o Estado facilitando á adquisición de competencias dixitais no eido do marketing trasladaranse entre os días 16 e 20 de xuño ao Salón de Actos da Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo, onde de 8:30 a 18:30 horas desenvolverá as súas xornadas presenciais nas que os asistentes poderán afondar en tempas como o SEO, o SEM, o comercio electrónico, o marketing en redes sociais e dispositivos móbiles, a analítica web e o emprendemento. Tamén formarase sobre como facer un plan de negocio e, tras a superación de todos os exames obterase unha certificación de Marketing Dixital emitida pola IAB (Interactiva Advertising Bureau).
Este curso de balde está orientado a mozos na busca activa de emprego que teñan titulación universitaria, de xeito que poderán adquirir coñecementos de grande interese para dar o salto ao mercado laboral e ao mundo empresarial.


Vídeo de presentación do curso

PUBLICIDADE