Google e Yahoo! pechan un acordo de explotación publicitaria

venres, 13 de xuño do 2008 Marcus Fernández

O culebrón entre Yahoo! e Microsoft podería darse por finalizado, xa que Yahoo! vén de pechar un pacto con Google, empresa que xestionará a publicidade dos portais de Yahoo! de xeito non exclusivo. De todos os xeitos, as autoridades norteamericanas deberán repasar o acordo entre as compañías, polas posibles consecuencias monopolísticas no sector publicitario na Internet.
A colaboración entre Google e Yahoo! tamén se aplicará á mensaxería instantánea, de xeito que traballarán para a interoperabilidade das súas plataformas (Yahoo! Messenger e Google Talk).
Estes acordos entre as dúas compañías deixan claro que Microsoft deixou de buscar xeito de facerse con Yahoo!, pese ás presións dos accionistas do buscador.

PUBLICIDADE