Google e o NORAD permiten seguir a Santa Claus en tempo real durante esta noite

xoves, 24 de decembro do 2009 Marcus Fernández

En 1955 un anuncio da empresa Sears Roebuck & Co. con sede en Colorado Springs suxería aos nenos a chamar a Santa Claus por teléfono, pero o número indicado se imprimiu incorrectamente, de xeito que coincidía co do Comando de Defensa Aérea Continental (CONAND) norteamericano, e o director de operacións da época, Harry Shoup, puxo á súa xente a comprobar os sinais de radar que indicaran a ruta de Santa Claus dende o Polo Norte, dando información actualizada aos nenos que chamaban, nacendo así unha tradición que se mantén ata hoxe en día. A entidade que fai un seguimento de Santa Claus é agora o NORAD e para difundir a súa información conta coa axuda de Google, que durante Noiteboa recollerá a información da ubicación da zorra voadora de Santa Claus en tempo real, o que se poderá seguir tanto dende Google Maps como en Google Earth (podendo verse os resultados nunha canle de YouTube).
Incluso existen toda unha de cámaras distribuídas en cidades de todo o mundo para rexistrar a visita de Santa, polo que os cativos que estean interesados no asunto poden visitar a web do NORAD creada a tal efecto.


Resumo do seguimento de Santa Claus durante o pasado Nadal

PUBLICIDADE