Google incorpora o vídeo ó seu servizo de alertas

mércores, 26 de setembro do 2007 Marcus Fernández

O servizo de Alertas de Google actualízase de xeito que tamén incorpora os vídeos, de xeito que os usuarios de tal sistema poden non só recibir advertencias de novidades que aparezan na web, nos blogs, nos grupos ou nas novas, senón que tamén recibirán notificacións de novos vídeos de interese que aparezan na web.
Os subscritores a estas alertas poderán recibilas de xeito diario, semanal ou ó momento, recibíndose por correo electrónico, aínda que hai que advertir que a nova funcionalidade só está dispoñible, polo momento, na versión en inglés.
Os vídeos incorporados ó servizo de alertas serán os mesmos que se atopan nos servizo de buscas de Google Vídeo.

PUBLICIDADE