Google mellorará os seus mapas europeos

venres, 22 de decembro do 2006

As buscas locais están a potenciarse constantemente na Rede de cara á toma de posicións para un futuro no que poderían ser os servizos máis importantes na Internet, polo que tódolos grandes portais están a apostar polos sistemas de mapas que serían unha peza chave de cara á localización tanto do usuario como dos servizos no mundo real que desexe localizar.
Nesta liña, Google vén de mercar a compañía suíza Endoxon, de xeito que mellorará os seus mapas europeos tanto para Google Maps como para Google Earth, corrixindo así unha das principais debilidades destes sistemas, que amosan moita información dos EE.UU. pero parecen ignorar ó resto do mundo.

PUBLICIDADE