Google permítenos facer os nosos propios Street Views

martes, 10 de decembro do 2013 Marcus Fernández

Coa chegada de Android 4.2 dende Google estrearon a aplicación Photo Sphere, que facilitaba a creación de imaxes de 360 graos dende o móbil, e agora que está presente en numerosos terminais, dende Google queren aproveitar tal posibilidade e anuncian que a partir desta semana será posible construír as nosas propias experiencias coa tecnoloxía de Street View ligando as nosas creacións envolventes con localizacións no mapa para facilitar a súa visita virtual.
Os usuarios poderán crear as súas imaxes esféricas empregando un móbil Android ou unha cámara réflex, e logo compartilas en Views e interconectar as distintas creacións no mapa, para facilitar a navegación entre as mesmas, para que poidamos realizar paseos virtuais como se estivésemos empregando Google Street View.
Estas novas experiencias que podemos crear dende o móbil tamén poderá achegarse a dispositivos móbiles e integrarse en páxinas web, o que axudará a que cada vez poidamos gozar de máis localizacións afastadas das vías principais que percorre Google Street View, como a fermosa paisaxe británica rexistrada por Evan Rapoport, xefe de produto de Google Maps e Photo Sphere.

PUBLICIDADE