Google prepara unha alternativa ó PowerPoint de Microsoft

venres, 15 de xuño do 2007

A oferta de aplicacións dentro de Gogle Apps, que actualmente inclúe procesador de texto, folla de cálculo, editor de páxinas web, servizo de calendario, chat e correo electrónico, medrará antes de rematar o ano incorporando unha aplicación de presentacións como alternativa ó PowerPoint de Microsoft, de xeito que o paquete de aplicacións en liña de Google estaría en disposición de competir con outras suites ofimáticas que actualmente están integradas nos escritorios informáticos.

PUBLICIDADE