Google publica imaxes de satélite de Haití

xoves, 21 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

O terremoto que tivo lugar nos pasados días en Haití deu lugar a unha catástrofe humanitaria na que moitas organizacións están a traballar para mitigar, e dende Google tamén queren contribuír, de xeito que crearon unha páxina web especial dende a que informan sobre métodos aos que poden recorrer os cidadáns para facer achegas a distintas ONG, así coma tamén publican novas e datos de interese sobre o tema, entre as que destaca especialmente a publicación dunha serie de imaxes de satélite captadas por GeoEye e que agora están dispoñible a través de Google Earth e Google Maps, axudando a ilustrar a devastación da zona es as condicións actuais nas que está o terreo (datos que poden contribuír para a organización da axuda na zona).
As imaxes de Port-au-Prince están dispoñibles incluso a unha resolución máis elevada do habitual, cunha precisión de 15 centímetros, que podemos consultar a través dunha nova capa gráfica para Google Earth.

Dende Google Earth podemos acceder ás imaxes de satélite de alta resolución

PUBLICIDADE