Háblame.TV: nova academia virtual de español con acento galego

venres, 8 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Imaxe captada por Xoán Carlos Gil para La Voz de GaliciaA empresa viguesa Háblame.TV iniciou un orixinal sistema de ensino da lingua espoñola a través da Rede valéndose do formato televisivo co que pretende aproveitar as posibilidades do mercado das escolas de idiomas virtuais apoiándose en datos coma que en EE.UU. e Brasil hai 77 millóns de alumnos matriculados en clases de español.
A nova academia permite asistir a clases gravadas ou a leccións presenciais (estas últimas, mediante videoconferencia) que funcionan as 24 horas do día e que xa contan coma primeiro cliente á Comunidade de Madrid (que apuntou ás clases a uns 400 estranxeiros residentes na capital española).
Este novo negocio ten tarifas de entre 30 e 75 euros/mes e garante resultados en 10 meses, estando a súa preparación recoñecida polo Instituto Cervantes (que valida a titulación a través dun exame). Destaca o feito de que na súa curta vida, a empresa xa factura 1 millón de euros.
Háblame.TV preséntase así na súa web:

PUBLICIDADE