Hack A Boss estrea un sistema de financiamento formativo sen intermediarios

venres, 22 de abril do 2022 S. P.

Hack A Boss, a escola coruñesa de programación, vén de compartir os seus novos avances en materia de formación accesíbel e flexíbel: unha fórmula que vai máis alá das circunstancias económicas e de dispoñibilidade das persoas destinatarias. Co obxectivo de achegar os seus contidos a calquera persoa, “sen importar as súas circunstancias económicas”, a escola ofrece un sistema de financiamento sen intermediarios, prescindindo das entidades financeiras.
“É a mellor forma de demostrar que estamos convencidos da formación que ofrecemos e do seu nivel de empregabilidade”, afirman. Este modelo será aplicado integralmente na nova edición da súa bootcamp que comeza en maio.
Con esta iniciativa, Hack A Boss será quen financie os estudos dos futuros programadores e programadoras, quen só devolverán este importe unha vez atopen traballo. Deste xeito, non existen entidades financeiras intermediarias, salientan. “Cando as persoas que reciben a nosa formación atopen traballo e cobren máis de 16.000 euros brutos anuais, a cota é de 170 euros ao mes. No caso de que queden sen traballo ou diminúa o seu soldo, os cobros deteríanse ata que atopen un emprego nas mesmas condicións”, sinalan desde a escola coruñesa.
Como dixemos, o alumnado poderá beneficiarse deste financiamento para o próximo bootcamp de formación, que comeza o próximo 2 de maio. A escola ten aínda abertas as inscricións á nova edición, aínda que as vacantes son limitadas. D

PUBLICIDADE