Hispasat quere completar a cobertura da TDT

xoves, 12 de xullo do 2007

Pascual Menéndez, director de Estratexia e Desenvolvemento de Hispasat, anunciou que a súa compañía proporá á Administración un sistema de emisión por satélite que amplíe a cobertura da Televisión Dixital Terrestre en zonas rurais e reduza custos. Esta solución buscaría que os lugares nos que implantar a TDT fose difícil e caro existise a posibilidade de recibir os servizos televisivos mediante a plataforma satelital española que ten unha cobertura próxima ó 100% da nosa xeografía.

PUBLICIDADE