HobbyPont, unha nova game jam pontevedresa

martes, 7 de xaneiro do 2020 Marcus Fernández

A Casa Azul de Pontevedra vai acoller entre os días 31 de xaneiro e 2 de febreiro a HobbyPont, unha global game jam na que ilustradores, modeladores 3D, deseñadores visuais, animadores 3D/2D, compositores, deseñadores de videoxogos, programadores ou simplemente entusiastas dos videoxogos poderán xuntarse para desenvolver un xogo en 48 horas.
Unha boa oportunidade para aprender e coñecer a outras persoas interesadas neste ámbito que tanto potencial ten a nivel creativo como profesional.

Cartel do evento

PUBLICIDADE