Honor trae a España o seu novo móbil insignia

luns, 26 de febreiro do 2024 Marcus Fernández

Honor aproveitou a celebración do Mobile World Congress para traer o seu Honor Magic6 Pro a España, smartphone de alta gama que terá un prezo de 1.299 euros, pero que na súa promoción de lanzamento pode adquirirse a 999 euros, recibíndose a partir do 4 de marzo (o modelo de cor negra) ou do 11 de marzo (o modelo de cor verde).
Estamos ante un móbil cun deseño moi coidado, cunha pantalla OLED de 6,8 polgadas cunha resolución de 2.800 x 1.280 píxeles e frecuencia de refresco adaptable de até 120 Hz e grande brillo (até 1.600 nits en xeral e até 5.000 nits en HDR, procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 3, 12 GB de RAM, 512 GB de almacenamento interno, batería de 5.600 mAh con carga rápida de 80 watts por cable (e 66 watts sen fíos) e protección IP68.
Pero o elemento estrela deste smartphone é, sen dúbida, a súa cámara traseira tripla, integrada nun módulo circular bastante avultado, cunha cámara principal de 50 Mpíxeles f/1.4-f/2.0 e estabilización óptica que presume dun sensor de 1/1,3 polgadas, un ultra grande angular de 50 Mpíxeles f/2.0 e teleobxetivo de 2,5x de 180 Mpíxeles, sendo capaz de gravar vídeo até 4K a 60 imaxes por segundo. Completa o apartado fotográfico unha cámara frontal de 50 Mpíxeles e unha cámara con sensor de profundidade 3D para o desbloqueo facial.

PUBLICIDADE