Hotmail deixará de funcionar a través de Outlook Express

luns, 21 de abril do 2008 Marcus Fernández

Windows Mail permitirá continuar a acceder a Hotmail dende o escritorio no noso equipo

Microsoft está a preparar un cambio de protocolos no seu servizo de correo electrónico Hotmail, o que terá como principal consecuencia que deixará de estar dispoñible dende o Outlook Express, pese á popularidade deste lector de correo electrónico.
Esta cambio débese a un avance nas estratexia Live de Microsoft, polo que os usuarios que queiran seguir a contar co seu correo electrónico nunha aplicación de escritorio poden comezar a utilizar Windows Live Mail, que vén a ser a evolución do Outlook Express, e soporta os protocolos POP3, IMAP e DeltaSynch (este último, para acceder a Hotmail) de xeito que nunha mesma aplicación se pode accede aos correos de servizos coma Yahoo!, Gmail ou Hotmail sen problemas, recomendándose a prota migración a esta ferramenta, xa que o Hotmail deixará de funcionar en Outlook Express dende o 30 de xuño.
Lembramos que Windows Live Mail é unha aplicación de balde para Windows, que permite unha experiencia de uso moi semellante á de Outlook Express e se inclúe de serie en Windows Vista.

PUBLICIDADE