Huawei presenta unha nova pulseira deportiva con notificacións

venres, 13 de maio do 2016 Marcus Fernández

Os monitores de actividade son uns produto que parecían terse estancado tras a saturación do mercado de numerosas pulseiras que rexistraban a nosa actividade física, pero hai fabricantes que continúan a saber renovarse mantendo prezos agresivos, e así temos como este mesmo mes sairá á venda a Honor Band A1.
Falamos dun trebello con corpo metálico e correa de silicona ou de coiro, dispoñible en varias cores, que pode rexistrar a distancia que camiñamos, as calorías que consumimos e incluso a calidade do noso sono. Só pesa 20 gramos e ten resistencia IP57 para o po e a auga (ou sexa, que sería resistente á auga, pero no somerxible) e tamén permite recibir notificacións, tanto mediante vibración como mediante unha luz LED, de xeito que facilitará que non perdamos unha chamada ou unha mensaxe en función de como configuremos a pulseira que integra unha batería recargable de 70 mAh que pode recargarse por micro-USB e achega unha autonomía de até 28 días. En vez de incorporar monitor cardíaco como outras pulseiras, a Band A1 opta por un sensor de raios ultravioleta, o que axudaranos no verán para saber cando debemos de volver á sombra para non prexudicar á nosa pel.
O mellor de todo é que este produto sairá inicialmente na China a un prezo de só 99 iuans (13,40 euros) no modelo con correa de silicona, e de 199 iuans (26,94 euros) con correa de coiro, prezos bastante atractivos que agradecerán os que busquen un accesorio que os alerte das notificacións do seu smartphone, pero sen ter que dar o salto a un smartwatch.

A pulseira estará dispoñible en distintas cores

Vídeo promocional da Honor Band A1

PUBLICIDADE