ITG e Innovación organizan para a semana un ciclo formativo para a xestión de I+D

venres, 13 de outubro do 2006

Continúan adiante as actividades da Aula de Innovación da Dirección Xeral de I+D. A partir do 16 de outubro dará comezo o Programa de Dirección da Innovación, un conxunto de xornadas que se desenvolverá ó longo de tres semanas no Hotel Barceló Premium da Coruña. Este curso, que conta coa colaboración do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), ofertou 30 prazas que, a día de hoxe, xa se atopan cubertas.
O obxectivo da actividade é potenciar recursos humanos cualificados para a xestión de actividades de I+D e tendo sempre no punto de mira as necesidades reais das empresas galegas na actualidade. O programa formativo é de balde, consta de catro módulos de 100 en horas en total e está dirixido a empresarios, directivos e “mandos intermedios de empresas medianas e pequenas, senón tamén a técnicos, profesionais, investigadores, consultores e auditores”.

PUBLICIDADE