Ignacio Escolar confirma que lanzará un novo medio dixital despois do verán

martes, 26 de maio do 2009

Tras unha mesa redonda baixo o título Periodismo eres tú dentro do Foro Universitario de Medios Dixitais FuniMedia 2009, o ex-director de Público e coñecido blogueiro Ignacio Escolar declarou ante a cámara de Agoranews que despois do verán lanzará un novo medio dixital que estará amparado polo dominio ElDiario.es.
Escolar comentou que xa teñen a ferramenta tecnolóxica coa que funcionará a nova cabeceira dixital, o que é un curioso xeito de emprender un medio.

PUBLICIDADE