Imagenio é a plataforma de televisión de pago que máis medrou en 2007

martes, 18 de marzo do 2008 Marcus Fernández

O servizo de televisión a través de ADSL de Telefónica, Imagenio, captou en 2007 128.000 novos usuarios, o que supón preto da metade dos 260.000 novos clientes que contrataron televisión de pago en España durante o pasado ano, sumando así 511.100 clientes.
Aínda que as operadoras de cable e satélite supoñen unha alternativa de peso para Imagenio, a modernización do servizo de Telefónica con servizos coma Te lo perdiste, que avanzan na creación dunha televisión persoal, aínda que nestes momentos o espallamento desta oferta televisiva se ve limitada pola súa cobertura, xa que só se pode contratar en liñas que poidan acadar velocidades de, como mínimo, 6 Mbps a través de ADSL.
Telefónica está a traballar tamén na introdución da tecnoloxía VDSL2 que permitirá tanto ampliar a súa cobertura de Imagenio coma incorporar novas funcións: televisión en alta definición ou multiroom (sistema para permitir ver distintas canles en varios televisores no mesmo domicilio).
O éxito de Imagenio tamén vai parello ó do servizo de televisión de pago de Orange, que captou 54.000 usuarios, mentres que operadores de cable coma R só acadaron achegar 3.000 novos usuarios (chegando ós 64.000). Pese á disparidade de crecemento das distintas plataformas, Sogecable con Digital+ continúa a liderar a televisión de pago en España con máis de 2 millóns de usuarios, pero a captación de usuarios segue o mesmo ritmo que o das súas baixas, polo que se estabiliza o seu número ó logno dos últimos anos.

PUBLICIDADE