Industria habilitará novas frecuencias para dar servizos de banda larga móbil

mércores, 4 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Miguel Sebastián, ministro de Industria, Turismo e Comercio, anunciou que habilitarán unha nova banda de frecuencias entre os 2.500 e os 2690 MHz para facilitar os novos servizos de banda larga móbil.
Tamén informou de que modificarán as licenzas das operadoras que traballan con GSM e DCS e 900 e 1.800 MHz para que poidan empregar tales frecuencias para servizos UMTS, co que pretenden abaratar os custos das operadoras e mellorar a cobertura 3G en España.
Sebatián tamén reiterou que a banda larga chegar a todos os núcleos de poboación españois en xullo de 2008 grazas ao PEBA (que na actualidade cifra a cobertura nun 98% da poboación) o que o deputado nacionalista Francisco Jorquera desmentiu, pois «o aceso á banda ancha no rural é moi deficiente».
Jorquera tamén lembrou a necesidade de dotar a Galicia dun novo múltiplex de TDT que permite a recepción de canles de televisión portuguesas no territorio galego.

PUBLICIDADE