Inés Rey di que a consecución da ESIA foi o cume da consolidación da Coruña como referente nacional

mércores, 28 de decembro do 2022 S. P.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, afrontou esta recta final de 2022 facendo balance dos fitos máis relevantes da cidade no período que estamos a piques de pechar, fitos entre os que se atopou a consecuencion da Axencia Española para a Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), nas súas palabras o “cume da consolidación da cidade como referente nacional”, E engadiu:"2022 foi o ano da recuperación do orgullo e a ambición de cidade e será recordado como o ano no que desbloqueamos grandes proxectos pendentes, apostando pola recuperación económica e a consolidación dun novo modelo de urbe", sinalou a rexedora.
A rexedora subliñou a consecución da AESIA dentro da estratexia de reactivación económica: "A Axencia suporá un impulso económico para a nosa cidade, favorecerá á xeración de emprego e a captación de talento, ademais de consolidarnos como polo tecnolóxico de Galicia e colocarnos de novo na vangarda europea".
Tamén destacou a captación de fondos europeos que ascenden a máis de 30 millóns de euros xunto co programa de emprego Coruña Suma, a través do que 901 persoas procedentes de colectivos vulnerábeis acadaron un posto de traballo.
Entre outro fitos, tamén tivo palabras para destacar o novo servizo de BiciCoruña conta desde hoxe con 32 novas estacións xa que se acaban de habilitar tres novas: Orillamar, Avenida de Pablo Picasso e Canceliña ampliando a rede de estacións e mellorando o servizo que conta xa con máis de 280.000 usos no que vai de ano e 6.000 novos usuarios a través da aplicación móbil habilitada, "cifras que dan conta do éxito do sistema" apuntou. Melloras na mobilidade que se complementaron coa nova app da Tarxeta Millenium, con máis de 16.000 usuarios activos, engadiu.

PUBLICIDADE