Iniciador Galicia achegarase en Vigo ao mundo do motor

martes, 1 de marzo do 2011 Marcus Fernández

Durante o presente ano Iniciador Galicia está a reformularse, intercalando encontros no seu formato tradicional con monográficos coma o que o vindeiro 10 de marzo terá lugar no Club Financeiro de Vigo ás 19:00 horas, que desta volta achegarase ao mundo do motor, cunha perspectiva baseada no I+D+i, de xeito que contarase con 3 relatores de luxo para compartir as súas experiencias coma son Iñaki Arrola (emprendedor que revolucionou o xeito de vender coches a través de Coches.com e Autodescuento), Daniel Seijo (redactor e editor da rede de blogs de Weblogs S.L. que actualmente centra a súa actividade no proxecto DiarioMotor, blog comercial sobre coches fundado en 2005 e líder na súa categoría en fala hispana) e María Caeiro (conselleira delegada da rede de concesionarios Renault Caeiro).
O evento comezará con pequenas presentacións a cargo dos 3 convidados, aos que seguirá unha mesa redonda na que poderá participar abertamente o público asistente. Tras o encontro formal continuarase o networking nun ambiente máis distendido.
A asistencia a ese evento orientado principalmente a emprendedores tecnolóxicos é libre, podendo inscribirse os interesados a través de Facebook ou por correo electrónico.

PUBLICIDADE