Iniciador Galicia principia novo curso tratando o salto de emprendedor a empresario

mércores, 8 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Miguel Lorenzo será o convidado da nova edición de Iniciador Galicia

O vindeiro 16 de setembro ás 19:00 horas o ITE Caixa Galicia de A Coruña acollerá o novo inicio de curso de Iniciador Galicia, encontro de emprendedores galegos de base tecnolóxica que divídese en dúas partes: un relatorio no que un convidado comparte os seus coñecementos cos asistentes dun xeito moi interactivo e unha xornada de networking nun local de hostalaría próximo no que os distintos profesionais poden intercambiar comentarios e dar pé a sinerxías para os seus emprendementos e negocios.
Nesta ocasión o convidado de Iniciador Galicia será o consultor empresarial Miguel Mister Empresa Lorenzo, quen é empresario dende 2001 e actualmente traballa coma editor de temas de empresa e finanzas en Weblogs, S.L. No seu relatorio ilustrará aos presentes sobre os problemas que poden xurdir na creación e xestión dunha empresa, polo que os interesados en asistir poden xa remitir cuestións para Lorenzo a través de Twitter ou Facebook, plataformas que, coma o correo electrónico, tamén serven para formalizar a confirmación de asistencia ao evento.

PUBLICIDADE