Inkee, unha proposta española para gardar os nosos recordos dixitais en papel

martes, 4 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

Nun momento no que as cámaras dixitais, os smartphones e os tablets están a levar ás fotografías en papel ao esquecemento, o equipo de Spartan Bits (creadores do popular Go!Chat for Facebook) quere que poidamos conservar unha boa selección da nosa memoria dixital en soporte físico, dun xeito moi persoal, polo que lanzan os álbums Inkee, que veñen a ser como os tradicionais libros de recortes nos que poderemos pegar as nosas fotografías preferidas, decoralos con adhesivos e incluírlles anotacións a man, remitindo eles ao usuario todo o material necesario nun completo paquete que pode adquirirse por a partir de 29 euros (para un álbum de 12 páxinas).
Para crear o noso álbum temos que elixir unha temática (viaxes, parellas, nenos, mascotas, vodas ou recordos varios), seleccionar as fotografías que queiramos incluír no mesmo e facer o pedido vía web, tras o que recibiremos en entre 5 e 7 días laborables un kit de montaxe que inclúe cubertas personalizadas, argolas para montar o álbum, as páxinas interiores de alta gramaxe, esquineiros de papel kraft en forma de adhesivo, as nosas fotografías impresas en papel de alta calidade, un grupo de adhesivos con deseños exclusivos feitos por Inkee, un bolígrafo negro para escribir nas páxinas do álbum e sobre para gardar o álbum.


Vídeo de presentación dos álbums Inkee

PUBLICIDADE