Innova Labs inicia as súas actividades formativas cun curso avanzado de Facebook

martes, 21 de xullo do 2015 Marcus Fernández

Está a nacer na Coruña unha cooperativa de talento chalada Innova Labs, que busca a transferencia de coñecemento tecnolóxico e de emprendemento entre profesionais e alumnos a través de obradoiros que faciliten coñecementos para imprimir velocidade aos proxectos empresariais dos asistentes. A primeira destas actividades será un curso que se desenvolverá entre os días 27 e 29 de xullo de 18:00 a 21:00 horas sobre o uso avanzado de Facebook impartido por Josuke e titulado Como sacar proveito da rede social que reina no mundo.
Esta actividade, que terá un prezo de 100 euros e impartirase a un máximo de 15 persoas, abordará asuntos como a creación de páxinas de empresa en Facebook, a importancia das fotografías, a importancia da optimización e o marketing de buscadores, as estatísticas de Facebook, a publicidade en Facebook, como programar publicacións, como montar unha tenda en Facebook, como gañar visibilidade e incluso como xestionar crises en redes sociais.
A este curso seguiranos outros (durante o mes de agosto) como unha introdución a Linux por Iñaki Quenerapú, quen tamén abordará o uso de wikis como unha ferramenta para a empresa e os primeiros pasos con WordPress, o CMS máis usado a nivel mundial.

PUBLICIDADE