Innovación mobiliza a 237 empresas para que Galiza se afiance no tecnolóxico

martes, 11 de setembro do 2007 Fernando Sarasketa

A Consellería de Innovación quere mobilizar o sector tecnolóxico galego para que este mobilice á sociedade enteira en materia de normalización tecnolóxica. Con esta finalidade e coa de afianzar a importancia dos eidos informáticos en Galiza, máis de duascentas empresas galegas recibirán 3,2 millóns de euros a través de subvencións emitidas este ano polo dito departamento da Xunta. Podemos ver as 237 firmas elixidas para recibir estas axudas no portal do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información.
Segundo apunta Innovación, esta iniciativa posibilitará que as empresas seleccionadas realicen investimentos por valor de máis de 10,7 millóns de euros no eido da Sociedade do Coñecemento.
Por ámbitos de mobilización, cómpre salientar a aposta pola implantación de aplicacións informáticas. Así, un total de 131 firmas recibirán 1,8 millóns de axuda pública por este concepto. Logo sitúase a estratexia de apoio ao deseño de ferramentas e servizos para o sector tecnolóxico, con máis de 840.000 euros.

PUBLICIDADE