Instagram enriquece as respostas ás historias

xoves, 6 de xullo do 2017 Marcus Fernández

Aínda que Facebook introducir o seu concepto de historias tanto en Facebook como en WhatsApp, a plataforma na que son un auténtico éxito é Instagram, onde están a converterse nun dos formatos de máis éxito para comunicar, polo que decidiron potenciala mellorando a interacción ao permitir que as respostas ás historias podan incorporar fotografías ou vídeos, de xeito que cando repliquemos a un amigo poderemos incluír dende un selfie até un Boomerang, facendo máis divertida a experiencia.
Para responder cunha fotografía ou vídeo chega con premer o novo botón de cámara mentres estamos a ver unha historia, o que inicia a cámara de Instagram para así poder empregar filtros faciais, adhesivos... ou sexa, calquera das ferramentas creativas desta funcionalidade.
As comunicacións deste tipo estarán accesibles dende o apartado de mensaxes directa de Instagram, nas que se integrará a historia orixinal para facilitar o seguimento da conversa.
Esta novidade está xa dispoñible na última versión de Instagram para iOS e Android.

PUBLICIDADE