Instagram está a espallar a promoción e as ligazóns a historias

luns, 28 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

Tras un período en probas, semella que Instagram está xa a espallar un par de novas características a todos os usuarios: a promoción e as ligazóns a historias. Aínda non se anunciaron oficialmente, pero algúns usuarios xa teñen dispoñible a posibilidade de compartir ligazóns que leven directamente a unha historia de Instagram, o que facilitará a súa difusión máis aló da aplicación de Instagram e, moi especialmente, noutras plataformas sociais. Temos así un novo método para amplificar o alcance das historias de Instagram.
Na mesma liña, pero pensando en empresas, temos a posibilidade de promocionar historias, ou sexa, que calquera das nosas historias pode aproveitarse para crear un anuncio que poderá remitir ao público ao noso perfil, á nosa páxina web ou a remitirnos unha mensaxe privada. Estas promocións son campañas publicitarias nas que poderemos definir audiencias obxectivo e orzamento, permitindo así o aproveitamento das nosas historias como contido promocional.

PUBLICIDADE