Instagram xa permite vender produtos en España

martes, 20 de marzo do 2018 Marcus Fernández

Instagram leva bastante tempo apostando polas compras móbiles nos EE.UU., ao que contribuíu enormemente o feito de que a plataforma de comercio electrónico Shopify comezase a ofrecer aos seus clientes Shopping on Instagram, levando a milleiros de tendas a vender directamente a través da popular aplicación móbil. Tras este período de probas desta funcionalidade Instagram inicia o seu espallamento internacional, chegando por fin a España, de xeito que agora as marcas españolas poden etiquetar produtos nas súas publicacións, amosando os seus prezos e facilitando a súa compra directa sen saír de Instagram, facendo moito máis doada a compra impulsiva e reducindo todo o posible a fricción que supón o proceso de compra.
Os países nos que bota agora a andar a funcionalidade de compras de Instagram son Alemaña, Australia, Brasil, Canadá, Francia, Italia, Reino Unido e España.

PUBLICIDADE