Intereconomía TV entra na oferta española de TDT

luns, 3 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Os cambios na TDT española non cesan, e este luns afectan a Net TV, canle que deixa de emitir a súa programación habitual para introducir na grella estatal a Intereconomía TV (canle que ata o momento se encontraba dispoñible a través da televisión por satélite).
Este cambio na programación se debe en boa medida á entrada de novos participantes accionariais en Net TV que aínda que conserva ó grupo Vocento coma referente (con 55% da empresa), emprega agora ó Grupo Intereconomía (co 25% das accións) coma provedor de contidos e, nos vindeiros meses, acontecerá o propio con Disney (que xa ten o 20% das participacións restantes), o que podería supor a desaparición da canle Fly Music (que actualmente xa está a deixar moitas horas da súa programación a unha canle de teletenda).

PUBLICIDADE