Internet.org ábrese aos desenvolvedores

luns, 4 de maio do 2015 Marcus Fernández

O proxecto de Internet.org, promovido por Facebook xunto a outras empresas tecnolóxicas, continúa a avanzar, e hoxe presenta a Internet.org Platform, un programa de desenvolvemento aberto para crear servizos que se integren en Internet.org, á vez que tamén incrementan o número de servizos básicos que poden empregarse para favorecer a conectividade en países en vías de desenvolvemento.
A través de Internet.org ofrécese a moitos usuarios o acceso de balde a unha serie de servizos de balde, o que conseguen a través de acordos con operadores de telefonía móbil, que facilitan estas comunicacións como un xeito de introducir aos usuarios ao valor da Internet, o que podería das os seus froitos no futuro (convertendo usuarios de balde en usuarios de pagamento). Os espazos web dentro de Internet.org deben ser moi sinxelos e consumir poucos datos, facilitando así que os operadores poidan ofrecer un acceso de balde aos mesmos de xeito sustentable, de xeito que nin os desenvolvedores pagarán por estar incluídos no programa nin os operadores cobrarán aos desenvolvedores polo tráfico que xeren os seus usuarios. Unha interesante proposta chamada a facer medrar esta iniciativa.
Temos así que a Internet.org Platform esforzarase en amosar o valor da Internet para conseguir animar aos usuarios para acceder á Internet xeral (e non só aos servizos de balde ofrecidos a través de Internet.org); esforzarase en que as súas aplicacións sexan eficientes no consumo de datos (de xeito que non será posible incluír servizos cun amplo volume de fotografías, con imaxes en alta resolución, que transfiran ficheiros, que empreguen vídeo ou que fagan uso da voz sobre IP); e as páxinas web deberán estar optimizadas para poder estar accesibles tanto en smartphones coma en teléfonos básicos (non poderían requirir JavaScript ou SSL/TLS/HTTPS para funcionar).

PUBLICIDADE