Italia estrea un servizo de televisión en 3D baixo demanda a través da TDT

luns, 17 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

As 3D incorpóranse ao servizo baixo demanda de Mediaset Premium

Tras un período de probas de varios meses, a italiana Mediaset lanzou oficialmente o seu servizo de televisión en 3D a través do sinal terrestre (ata o momento a oferta deste tipo de emisións en Italia limitábase a plataformas de satélite e cable) o que conseguiron mediante a descarga empregando un receptor Motive Bestv (con disco duro).
O feito de que unha película en 3D ocupe o dobre que en 2D era todo un reto para a súa retransmisión, e con esta solución permiten que o cine baixo demanda en 3D sexa posible sen contar unha conexión de 10 Mbps no fogar, limitándose a aproveitar o espazo libre no múltiplex da TDT para este tipo de contidos que simulan así ser baixo demanda (pois os contidos almacénanse localmente).
Motive quere levar esta tecnoloxía a outras plataformas europeas e a América Latina.

PUBLICIDADE