Javier Losada estrea blog

xoves, 2 de abril do 2009 Marcus Fernández

O alcalde da Coruña, Javier Losada, estreou hoxe un blog para comunicarse dun xeito máis directo cos seus veciños, para que os cidadáns poidan aproveitar os recursos que ofrece a Internet para aproximarse ao seu alcalde.
Este novo espazo complementaría a web oficial do alcalde, e estaría dispoñible tanto dende a web municipal como a través do nome de dominio javierlosada.es.
Polo momento, aparte de presentar o propio caderno dixital do alcalde, Losada comenta no seu blog a súa visita ás obras do Porto Exterior, dando a entender que este novo medio servirá para facer un seguimento da actividade diaria do rexedor coruñés.

PUBLICIDADE