Jazztel despide ó 15% dos seus traballadores

luns, 23 de outubro do 2006

Trala culminación das tarefas de ampliación da súa rede, co consecuente despregue de infraestruturas que isto levaba consigo, Jazztel sofre (ou iso di) na actualidade un excedente de persoal que cómpre corrixir para aforrar custos e aumentar de novo a rendibilidade da empresa. E como? Pois nada menos que despedindo ó 15% do seu equipo, uns 120 traballadores, cos que a empresa xa negociou os trámites a seguir, nos que están presentes os sindicatos CC OO e UXT.
Dende a compañía aseguran que non está previsto o despido de ningún traballador máis, nin tampouco a posta en marcha de expedientes de regulación de emprego algún. Os despidos afectan a comerciais e persoal de operacións dedicado a tarefas de extensión de rede e creación e ampliación de centrais, é dicir, tarefas xa culminadas e para as que xa non se precisa máis xente.
Agora, trala saída destes traballadores, o equipo de Jazztel componse do redor de 625 empregados, a meirande parte pertencentes ós departamentos de operacións, comercial e atención ó cliente.

PUBLICIDADE