Jazztel ofrece televisión aos seus clientes dun xeito flexible e económico

mércores, 8 de xuño do 2022 Marcus Fernández

Jazztel ofrece aos seus clientes o novo servizo de Jazztel TV, que por 4,95 euros/mes permite acceder a máis de 60 canles con cine, series, documentais, contidos infantís, de cociña... con opcións como a programación de gravacións (até 350 horas de contidos que conservaranse na nube durante 6 meses), Start Over (para poder ver dende o comezo un programa en curso) e o acceso aos últimos 7 días das emisións, así como tamén conta co acceso ao Videoclub de Rakuten TV (que conta coas principais películas de estrea).
Este servizo non só sorprende polo seu prezo axustado, senón que tamén pode destacarse por ser multidispositivo, de xeito que os consumidores poderán gozar do mesmo a través da aplicación de Jazztel TV dispoñible para televisores conectados, smartphones, tabletas e ordenadores persoais, limitándose o acceso até 5 dispositivos simultáneos.
Jazztel TV non se limita a ofrecer canles propias da TDT, senón que tamén conta con bastantes canles propias da televisión temática de pagamento, e tamén cun catálogo con máis de 10.000 contidos á carta, incluíndo o servizo Universal+ e AMC+ (con máis de 140 series orixinais, entre as que destaca o universo de The Walking Dead).
O paquete básico de Jazztel TV pode ampliarse con toda unha serie de paquetes adicionais con contidos de distintos tipos con prezos que van dende os 2,99 ao 5 euros/mes. Os paquetes adicionais en cuestión serían Infantil Max, Deportes Extra, Motor, Adult Swim, Rakuten TV Suscripción, Cazavisión, Música Premium, Lifestyle, France Direct, StarzPlay e FlixOlé.

Vídeo promocional de Jazztel TV

PUBLICIDADE