Joost saltará do escritorio á web

luns, 8 de setembro do 2008 Marcus Fernández

O uso de tecnoloxía P2P para montar toda unha infraestrutura que sirva para a difusión de programas de televisión é algo que xa non sorprende a ninguén, sendo un dos referentes Joost, que ofrece un amplo catálogo de programas televisivos, series e videoclips que se poden visualizar á carta, pero que precisan dunha aplicación de escritorio para poder verse, o que para moitos usuarios supón un atranco, de aí que estean a traballar nun engadido para o navegador que permita presentar os contidos en páxinas web, como xa fan nos EE.UU. moitas canles de televisión ou a plataforma Hulu.
Joost conseguiu moita sona por nacer dun proxecto dos creadores de KaZaA e Skype, e aínda que non conte cun catálogo de vídeos moi amplo, non restrinxe xeograficamente todos os contidos (de xeito que non está pechado a España coma os seus competidores máis directos), polo que a súa integración na web podería dar moito xogo, e polo que se está a ver na súa versión de proba (pechada) non amosará só vídeos, senón que tamén busca interactuar coa web social, principalmente a través de fluxos RSS e a interacción de usuarios (que se poden asociar como amigos ou a través de grupos).

Demostración do funcionamento da versión web de Joost

PUBLICIDADE