Julián Cerviño toma posesión como director da AMTEGA

venres, 2 de setembro do 2022 Marcus Fernández

Esta mañá tivo lugar a toma de posición de Julián Cerviño Iglesia como director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), acto presidido polo conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos.
Julián Cerviño, licenciado en Ciencias Fúsicas na especialidade de Electrónica pola Universidade de Santiago de Compostela, leva máis de vinte anos traballando en proxectos e programas de tecnoloxías da información estratéxicos de distintas Administracións en Galicia, como a administración electrónica da Xunta e diversas iniciativas relacionadas coa sanidade pública, onde ten demostrado unha ampla experiencia e sólidos coñecementos de xestión e técnicos.
Cerviño colle o relevo de Mar Pereira, quen estivo á fronte da AMTEGA dende a súa constitución en 2012, dando continuidade ao seu traballo para a modernización de Galicia tras ocupar o cargo de secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia en 2009.

PUBLICIDADE