Kaspersky Lab detecta o primeiro virus para iPod

mércores, 11 de abril do 2007

A empresa de deseño de sistemas de defensa contra virus, hackers e correo non solicitado, Kaspersky Lab, vén de anunciar a detección do primeiro virus que infecta ó iPod. Este becho, que recibiu o nome de Podloso, é un ficheiro que pode executarse e funcionar no dito aparello de Mac: logo de instalado e iniciado polo usuario, o programa nocivo instálase no directorio de versións “demo” e dende alí escanea o disco duro e contaxia tódolos demais ficheiros coa extensión “.elf”. Porén, non hai nada que temer pois Podloso pertence á categoría de programas “probas de concepto”, que se crean co obxectivo de amosar que unha determinada plataforma pode ser infectada e que non ten potencial destrutivo.

PUBLICIDADE