Katy Perry salta á fama en Los Sims 3

martes, 17 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

O xogo de Los Sims 3 continúa a lanzar novas expansións entre as que resulta especialmente rechamante a Edición de Coleccionista de Los Sims 3: Salto a la Fama, que sairá á venda o vindeiro 8 de marzo, e que contará coa imaxe da cantante Katy Perry. O xogo permitirá xogar a converterse en estrela (como acróbata, mago cantante...), permitindo construír cousas, personalizar decorados e escenarios, crear un circo... para superar retos e facerse con premios como recompensa.
O acordo co que chegou Electronic Arts con Katy Perry permite o uso da imaxe da artista en campañas promocionais en distintos soportes, aínda que o máis evidente serán os obxectos exclusivos da devandita Edición de Coleccionista, que incluirá un póster de Katy Perry, atuendos e obxectos de inspirados na cantante e 2 púas de guitarra de deseño exclusivo.


Trailer da nova expansión de Los Sims 3

Unha das imaxes promocionais da nova expansión de Los Sims 3
Carátula do xogo

PUBLICIDADE