La Sexta Noticias estréase na Rede

martes, 19 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Imaxe da nova web de La Sexta NoticiasLa Sexta quere mellorar a súa presenza na Internet, e aproveita a forza dos seus informativos para abrir camiño. Así, a nove meses da súa estrea na televisión, La Sexta Noticias estréase na Rede nunha nova web na que pretenden achegarse ós seus espectadores conservando a súa visión da realidade comprometida, inconformista e positiva.

Os presentadores de La Sexta Noticias

Non só difundirán de xeito textual algunhas novas relevantes, senón que incorporan un visor multimedia que conforma unha canle televisiva á carta, permitindo o seguimento en directo e en diferido dos seus informativos e mesmo elixindo as novas que se queren contemplar.
Tamén abrirán as novas á colaboración dos espectadores, creando unha comunidade virtual ó seu redor, permitindo incluso o envío de vídeos, de xeito que os cidadáns se poidan converter en xornalistas televisivos.
A mesma web servirá de plataforma de lanzamento para outros contidos televisivos de La Sexta, de xeito que en breve, programas coma Sé lo que hicísteis, El Intermedio ou El Club de Flo amosarán os seus mellores ós internautas.
A presentadora da edición de noite de La Sexta Noticias, Mamen Mendizábal, presentaba así a súa nova web:

PUBLICIDADE