La Voz monitorizará a actividade en Twitter dos candidatos ás municipais

venres, 6 de maio do 2011 Marcus Fernández

Tendo en conta a crecente relevancia das plataformas de redes sociais nos comicios electorais, o xornal La Voz de Galicia preparou en colaboración coa empresa ferrolá Colbenson Software Factory unha ferramenta en liña que permite a monitorización durante a campaña electoral dos principais candidatos en A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo.
TwitterSaid amosa non só os comentarios que fan os distintos candidatos a través de Twitter (facilitando a comparación das súas actividades) senón que tamén permite ver o que outros comentan sobre eles. Esta ferramenta tamén mide a popularidade, a actividade e os seguidores que os candidatos teñen no servizo creado por Mark Zuckerberg, o que axudará aos cidadáns a coñecer o seu nivel de interacción co pobo.
Esta ferramenta non só sirve para a información política, polo que no futuro poderemos ver cómo se emprega para analizar outros tipos de opinións expostas en Twitter.

TwitterSaid permítenos comparar o que din os candidatos ás eleccións municipais, así como os comentarios dos cidadáns sobre eles

PUBLICIDADE