Liberan preto dun millón de iPad 2 e iPhone 4S en 3 días

martes, 24 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

Pese a que o iPhone 4S e o iPad 2 leven moito tempo no mercado, non foi ata a pasada fin de semana cando liberouse un método que permitía abrir o seu sistema operativo, o iOS 5.0.1 para a instalación de aplicacións non asinadas e para poder realizar diferentes modificacións do funcionamento do mesmo (como engadir funcións á pantalla de desbloqueo ou integrar atallos a distintos axustes), no que se coñece coma jailbreak (práctica considerada legal, pero que pode invalidar a garantía dos produtos). Para esta operación é preciso empregar unha ferramenta chamada Absinthe A5, e tal era a expectación pola mesma que nos seus 3 primeiros días empregouse en preto dun millón de dispositivos (repartido case a partes iguais entre móbiles e tablets). Espérase que este número véxase incrementado de xeito considerable nos vindeiros días, pois a aplicación de jailbreak tardou en contar cunha versión para Windows, o que claramente supuxo un atranco para a súa popularización.
Ás presas pola liberación dos dispositivos con iOS 5.0.1 veñen en boa medida do anuncio de que a vindeira versión do software dos dispositivos de Apple, o iOS 5.1, xa na súa versión de proba, corrixe o fallo de seguridade que facilita o jailbreak con Absinthe A5, polo que o iOS 5.0.1 podería ser a versión coa que quedasen conxelados por uns meses os dispositivos móbiles de Apple que queiran estar libres do control da compañía de Cupertino.

PUBLICIDADE