Linux xa conta cun cargador oficial para poder funcionar en equipos con Windows 8 preinstalado

martes, 12 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

Os ordenadores que veñen con Windows 8 preinstalado como sistema de arranque empregan UEFI en vez de BIOS, empregando para tal fin unha sinatura certificada, o que dificultaba a instalación de Linux neses equipos, por non permitir sistema de arranque non oficiais, pero este problema está a solucionarse grazas a que o pasado día 6 Microsoft remitiu á Linux Foundation os ficheiros que facilitan un cargador asinado para permitir o seu inicio en equipos con Windows 8, de xeito que calquera distribución de Linux podería beneficiarse desta posibilidade que algunhas grandes distribucións de Linux xa solucionaran pola súa conta.

PUBLICIDADE